raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

miércoles, 4 de noviembre de 2009

O hábito lector.

Este artigo está tirado do xornal
La voz de Galicia
, onde te sitúas ti?
As mulleres superan en sete puntos aos homes en hábito de lectura
A afección aos libros entre a poboación española maior de 14 anos é do 54,3%, porcentaxe que se dispara ao 92,9% entre os menores de 10 a 13 anos.

A idade, o sexo e o nivel de estudos son tres factores decisivos á hora de avaliar o hábito lector no noso país.
As mulleres lectoras (57,9%) superan aos home (50,7%) en todos os tramos de idade, excepto entre os maiores de 65 anos (32% dos homes fronte ao 26% das mulleres), segundo as conclusións do barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros para o terceiro trimestre de 2009, realizado pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE). As diferenzas mantéñense a favor das mulleres se se acode á frecuencia de lectura. O 43,7% das mulleres son lectoras frecuentes -len diaria ou semanalmente- fronte ao 36,2% dos homes.
O informe sinala que o índice de lectura entre a poboación maior de 14 anos sitúase no 54,3%; deles, o 40% son lectores frecuentes -len libros diaria ou semanalmente-, mentres que o 14,3% decláranse lectores ocasionais. Entre os menores de 10 a 13 anos, a porcentaxe elévase ao 92,9%. Deles, o 70,1% é lector asiduo e o 22,8% ocasional. Só o 7,1% dos menores desta franxa declárase non lector. O segmento que máis le sitúase entre os 14 e 24 anos (67,5%); o que menos, no nicho dos maiores de 65 anos (22,8%).
O nivel de estudos inflúe decisivamente nos hábitos de lectura. O 81,2% da poboación universitaria le libros con frecuencia. A porcentaxe baixa ao 56,8% entre os que teñen estudos secundarios, e cae ao 28,8% na poboación que só posúe estudos primarios.
Hábitat
A influencia do hábitat tamén resulta determinante. Máis de 20 puntos separan aos que se declaran lectores en poboacións de máis dun millón de habitantes (64,7%) dos que viven en núcleos de ata 10.000 habitantes (43,8%). Estas porcentaxes redúcense (52,2% e 30% respectivamente) entre os lectores frecuentes.
A media de libros lidos nos últimos doce meses polos maiores de 14 anos (que len con frecuencia) é de 8,8. Este grupo dedícalle á lectura unha media de 6,2 horas á semana. Entre os menores de 10 a 13 anos, a media é de 9,3, e a porcentaxe de horas semanais descende a 4,4.
O 92% declara o castelán como idioma habitual de lectura. O 4,3% le habitualmente en catálan/valenciano, o 1,5% faio en inglés, un 0,5% o eúscaro e un 0,4% en galego. Seis de cada dez lectores (60,4%) só le nunha lingua. O 39,6% restante faio nunha ou máis, preferentemente en inglés (15,8%) e catalán (9,3%).
O barómetro pon de relevo que o índice de lectura elévase ao 75,9% entre os lectores de xornais e sitúase no 50,0% entre os de revistas. O 29,6% le libros, periódicos e revistas a través de internet. O 13,1% le cómics.
A maior porcentaxe de lectores de xornais obtense nas idades intermedias. A alta taxa que se observa entre os que teñen entre 19 e 24 anos está moi influída pola lectura de diarios deportivos e prensa gratuíta.