raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

martes, 1 de mayo de 2018

Exame 2º BAC

Realizaremos a proba en dous días:




Luns 14 de maio, na hora de clase, organizarei para que teñades 50 minutos:


- 1. Cuestión ao redor da compensión do texto, intención ou estrutura do texto. (1 punto)
- 2. Produción textual: comentario. Elaboración dun texto persoal cunha extensión aproximada de 200/250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do texto do exame. (2 puntos)
 - Cuestións de morfoloxía e sintaxe, semántica e lexicoloxía e dialectoloxía. Poden ser entre 1 e 4 cuestións cun total de 2 puntos.



Martes 15 de maio, indicareivos a hora o día anterior, organizarei para que teñades 60 minutos: 

1- Teredes que responder a unha cuestión a escoller entre dúas tiradas dos primeiros nove temas de literatura. 1,75 puntos
2. Teredes que responder a unha cuestión a escoller entre dúas tiradas dos últimos tres temas de literatura. 1,75 puntos
3. Teredes que responder a unha cuestión a escoller entre dúas tiradas das cuestións de Lingua e sociedade (sociolingüística).  1, 5 puntos


Exame 2º BAC

Lectura 1º BAC

Este é o libro que debedes ler neste último trimestre:


Realizaremos unha proba escrita o 1 de xuño.

sábado, 24 de marzo de 2018

2º BAC, lecturas 3 abril


Debedes ler os textos e realizar as diferentes actividades indicadas. A partir destas lecturas, poñeremos en común os dous novos temas de literatura que debedes ter resumido o martes 3 de abril.




a        

                                             

a)      Páxina 201: actividades 1 e 2.

b)      Paxina 202: Texto Blanco Amor; actividades 2 e 3.

c)       Páxina 203: actividade 3.

d)      Páxina 204: actividade 2

e)      Páxina 205: actividade 3

f)       Páxina 229: actividade 2 e 4.

g)      Páxina 230 e 231: actividade 1, 2 e 3.

h)      Páxina 232:  actividade 1.

i)        Páxina 233: actividades 3 e 4.





viernes, 23 de marzo de 2018

2º BAC. Pre-selectividade. ACTUALIZADO.






Proba pre-selectividade abril 2018 


Competencia comunicativa


a) Comprensión textual (preguntas 1 e 2) sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo: ( 0,5 puntos cada unha).

- Resumo breve do texto ou dunha parte del.

- Estrutura do texto.

- Ideas principais e secundarias.

- Intencionalidade do texto

- Significado concreto no texto dalgunhas palabras, expresións ou fragmentos.

b) Produción textual (pregunta 3) ( 2 puntos)
Pediráselle ao alumnado que constrúa un texto persoal cunha extensión aproximada de 200 ou 250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do exame. Nesta pregunta valorarase a capacidade para producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á situación comunicativa.





Lingua e gramática

Formularanse dúas preguntas breves(1 punto cada unha)sobre contidos de:
Morfoloxía e sintaxe

Semántica e lexicoloxía.



Lingua e sociedade

Formularanse dúas preguntas ( 2 puntos), das que o alumnado deberá responder só a unha. As posíbeis preguntas son:



- Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
- O galego, lingua en vías de normalización.
- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
- O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
-  O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Literatura

Formularanse dúas preguntas ( 3 puntos), das se se deberá responder só unha. As posíbeis preguntas son:


-  A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
-  A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
-  A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
-  O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.
- A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
- A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor,Cunqueiro e Neira Vilas).
- Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.
-  O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
- A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa, teatro.



Podedes ampliar información sobre os diferentes aspectos das preguntas neste enlace:

Aquí