raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

viernes, 17 de diciembre de 2010

2º BAC

Debedes elaborar durante o nadal o tema 5 do cuestionario de selectividade para o que deberedes partir do tema 7 do libro: 5.- A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.. Déixovos ademais a síntese dos temas 4, 5 e 6 de sociolingüística aquí.




Se buscades o nome dos autores do tema en youtube atoparedes outros poemas recitados e musicados coma os de Celso Emilio e Novoneyra.

viernes, 3 de diciembre de 2010

2º BAC


O vindeiro 15 de decembro é o voso exame: deberedes responder a cuestións de literatura, análise sintáctica, morfoloxía verbal e comentario (conforme aos modelos realizados na aula).

1º BAC


O vindeiro 14 de decembro tedes o exame. Podedes traer o libro de texto, o material desenvolvido na clase (resumos, esquemas...), os textos redactados (cantiga de amigo e de amor), os apuntamentos que poidades ter... ademais lémbrovos que debedes ler os textos que tedes na columna lateral deste blog na sección literatura 1º BAC, xunto coa presentación que tedes nas entradas.

Tedes que traer escrita por vós unha cantiga de escarnio e maldicir; a forma debe ser a cantiga de mestría con finda.

Recoméndovos que traiades lido todo o material pois as cuestións que eu poida redactar non son de resposta directa senón que necesitaredes manexar a información e relacionala.

lunes, 22 de noviembre de 2010

1º BAC. Traballo lectura.


Poetízate, de Fran Alonso, de Ed. Xerais é o seguinte libro de lectura. É unha antoloxía da poesía galega, do XIX á actualidade. O 17 de xaneiro é a data na que a lectura e as actividades da guía que vos facilito deben estar realizadas. Aqui vos deixo a guía de traballo.

A ortografía e a presentación son partes fundamentais e a súa corrección verase reflectida na nota. O traballo deberá constar de portada, índice, os enunciados das distintas cuestións e as súas respostas e a relación completa de toda a bibliografía empregada, tanto en papel como electrónica.

Este traballo entrégase en papel e a data é o 17 de xaneiro.

sábado, 20 de noviembre de 2010

2º BAC

Déixovos aquí os esquemas elaborados polos compañeiros e compañeiras. Aquí os resumos. Lembrade que este material debe servir de base para elaborar o voso propio.

viernes, 5 de noviembre de 2010

martes, 26 de octubre de 2010

1º BAC


O libro de lectura do primeiro trimestre é O segredo de Marco Polo de Francisco Castro, o martes 23 de novembro é a data na que a lectura debe estar realizada. Podedes acceder ao blog do autor ou a unha síntese da obra de lectura.

viernes, 22 de octubre de 2010

Lectura 2º BAC.


As lecturas do primeiro trimestre corresponden a autores do primeiro terzo do século XX, facilítovos os títulos e, tamén, enderezos electrónicos onde as podedes atopar mais non esquezades: podedes lelas en papel.

Vicente Risco: entrade aquí, ide a textos Vicente Risco e debedes ler os seguintes títulos: a velliña vella, a trabe de ouro e a trabe de alquitrán e o lobo da xente.

Otero Pedrayo: aquí tedes o relato de O fidalgo.

Castelao: na páxina do www.museocastelao.org entrades en textos e debedes ler a antoloxía recollida e, ademais, debedes mirar o Albúm Nós.

Faremos unha proba sobre a lectura o mércores 24 de novembro; as cuestións estarán relacionadas coa comprensión, interpretación e estrutura dos diferentes textos.

1º BAC. As lendas.


Estamos a traballar o texto descritivo, narrativo e dialogado. Despois de facer as lecturas do libro de texto, a vosa lenda debe estar rematada na primeira clase da semana que vén, lerémolas e comentarémolas.

martes, 12 de octubre de 2010

1º BAC: texto expositivo.


O domingo 17 de outubro debedes terme enviado ao correo o texto expositivo sobre a literatura popular.

Elaborádeo en Word ou Open, o tipo de letra debe ser comic sans ou times new roman 12, a extensión máxima dúas páxinas dixitais ou un folio e non o valoro a partir de cinco faltas de ortografía.

Usade se o necesitades as diversas páxinas que aparecen na sección ferramentas deste blog.

lunes, 11 de octubre de 2010

2º BAC: Temas literatura.


O día 22 de outubro deben estar elaborados os temas de literatura que vos corresponden a cada un de vós. Deben ser enviados a raul@centrogalen.com. Deben conter un esquema inicial e o desenvolvemento do tema.

A presentación farase en power point e word ou nos programas de office. O formato será: a) tipo de letra comic sans ou times new roman 12, xustificado, interlineado normal b) exclusivamente formato dixital.

Aqueles traballos que acumulen cinco faltas de ortografá ou máis non serán corrixidos nin valorados.

Seguiremos as pautas que nos marca como criterio de corrección a CIUG:

Valorarase a adecuada inclusión dos seguintes elementos sobre o tema escollido:
a) Información acerca do contexto (acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc.)
b) Información acerca dos principais autores dun período ou corrente. Esta información non só debe facer referencia ás principais obras senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores.
c) Información acerca do que un grupo, autor ou época supuxeron na historia da literatura galega.
Non se considerarán correctas respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. A pesar de tratarse de preguntas pechadas preestablecidas, espérase que o/a alumno/a constrúa o seu propio texto de maneira personalizada. Penalizaranse as respostas que evidencien unha pura reprodución memorística de textos non persoais.

jueves, 7 de octubre de 2010

Calendario exames

Déixovos o enlace ao calendario de exames que está na páxina do centro.

sábado, 2 de octubre de 2010

2º BAC


Na entrada do voso curso engadín os seguintes documentos ao que xa había:

- Cuestións selectividade: a relación entre as posibles cuestións da CIUG e os temas do libro de texto.

- Os criterios de correción aos modelos do anos 2010.

- Novos modelos de exame do anos 2010.

Non esquezades que na páxina da CIUG, tedes a entrada no blog, podedes atopar modelos de exames de todas as materias.

1º BAC

Algúns xa me estades enviando ao correo os esquemas do tema; lémbrovos que debo telos o luns.

A todos e todas

Volvemos ao traballo, sinto non ter comezado antes pero aquí estamos de novo. Agardo que teñades un bo curso, iso si gozade do San Froilán, o tempo chega para todo.

martes, 22 de junio de 2010

A todas e todos.


GOZADE DAS VACACIÓNS

miércoles, 5 de mayo de 2010

Uxío Novnoneyra

Déixovos tres PDFs cos poemas:

a) Presentación.
b) Calendario.
c) Poemas

Uxío Novoneyra.

Déixovos os PDFs cos poemas lidos e comentados na aula: a presentación, os poemas e o calendario. Lembrade que debedes entregar o poema o día 10, en formato dixital.

viernes, 30 de abril de 2010

2º BAC. Dialectoloxía.


Déixovos un PDF con algúns mapas que recollen os bloques, as áreas e os fenómenos dialectais máis salientables da lingua galega; lembra que debes ter presentes os que aparecen no libro de texto que non están aquí recollidos.

1º BAC

O día 11 de maio debe estar realizada a primeira lectura programada no terceiro trimestre.

Letras galegas 2010


Este ano todos os galegos e galegas homenaxeamos a Uxío Novoneyra. O poeta do Courel e unha das figuras máis salientables da poesía do século XX. Déixovos o acceso á súa páxina aquí e tamén o artigo que sobre el escribe Dario Xohán Cabana na páxina da Real Academia Galega, aquí.

jueves, 29 de abril de 2010

2º BAC. O teatro.


Déixovos aquí o esquema e aquí o teatro. Lembra que foi comentado na clase polos compañeiros e compañeiras. Debe ser a referencia para que elabores o teu propio material.

2º BAC. A prosa.

Déixovos aquí o esquema e aquí o tema. Lembra que este material foi exposto polos teus compañeiros e compañeiras na clase. Debe ser a referencia xunto co libro para que elabores o teu propio tema.

2º BAC. A poesía.


Déixovos aquí o esquema do tema e aquí o propio tema. Lembra que foi presentado na clase polos teus compañeiros e non é un material de estudo directo. Debes utilizalo como referencia para elaborar o teu propio material.

viernes, 2 de abril de 2010

2º BAC; proba selectividade abril.


Déixovos aquí os temas de literatura da proba do mes de abril. Lembra que no exame entra toda a materia traballada xunto con estes tres temas. Aconséllovos que os leades e os comparedes coa información do libro de texto, o que vos permitirá elaborar o voso material propio. Poñerémolos en común a semana que vén.

A proba de selectividade do centro reproducirá a proposta do grupo de traballo de galego da CIUG tédela na columna lateral na entrada 2º BAC no ítem Modelo proba selectividade 2010.

Temas

A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.
O teatro galego entre 1936 e 1976. A Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavía.
A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.

viernes, 12 de marzo de 2010

1º BAC


O exame do martes constará de varias preguntas similares aos exercicios traballados na aula. A materia que entra no exame é a morfoloxía que levamos estudada ata este momento.

2º BAC


O luns tedes a primeira parte do exame: comentario e cuestións curtas similares ás traballadas na clase; lembra que esta parte vale cinco puntos.

O mèrcores tedes a segunda parte do exame: os temas de sociolingüística e os seis primeiros temas de literatura tal como os presenta a CIUG. Déixovos a seguir uns arquivos en PDF que vos poden axudar: A prosa entre 1936 e 1976, a poesía entre 1936 e 1976, o esquema da prosa e o esquema da poesía.

Este segundo exame vale cinco puntos e debes obter un mínimo de 2,5 para facer a suma de ambas partes.

martes, 2 de marzo de 2010

Orgullosos do noso, orgullosos do galego.


Aquí podedes consultar a web desta campaña publicitaria.

viernes, 26 de febrero de 2010

O galego en internet. Vaste sorprender

Dedícalle cinco minutos a este artigo, reflexionarás seguro.

sábado, 20 de febrero de 2010

Día Internacional da lingua materna


Hoxe 21 de febreiro é o Día internacional da lingua materna, data promovida dende a ONU; podedes consultar toda a información aquí.

1º BAC

Déixovos na columna lateral os apuntamentos de morfoloxía verbal que comentamos o xoves e o venres na aula.

2º BAC.


O venres comentamos na clase o traballo que debedes facer a semana que vén na clase; rematarédelo na casa. Lémbrovos que tedes que traballar a partir das fontes facilitadas: o libro de texto, a galipedia, internet e calquera outra que estimedes vos pode servir de axuda.

O traballo divídese en tres períodos:
Período a: lectura de información e elaboración de borrador nas horas de clase da semana que vén, debedes aproveitar para facerme as consultas que consideredes oportunas.
Período b: elaboración definitiva do traballo, a facer fóra do horario lectivo.
Período c: exposición oral ante o profesor e os compañeiros e compañeiras.

A estrutura do mesmo é a seguinte:
a) Elaboración un procesador de textos do tema, a extensión aproximada e de tres ou catro páxinas, aínda que isto depende da presentación do mesmo.
b) Selección de lecturas ou textos arredor do tema.
c) Elaboración nun programa de presentación de diapositivas do esquema do tema, a extensión é unha diapositiva (como moito dúas)
d) Exposición oral.

A data de entrega é o 8 de marzo luns.
A data da exposición comunicaréivola con antelación suficiente.

martes, 16 de febrero de 2010

Lecturas 1º BAC.











Déixovos as portadas das lecturas que vos propoño de cara a fin de curso. Debedes ler dúas obras das oito que vos indico. Se ledes algunha máis tereino presente á hora de avaliar. A primeira lectura debe estar rematada antes do 15 de abril e a segunda antes 31 de maio. Facilitareivos o traballo a facer nos vindeiros días.

As lecturas son variadas e recollen diferentes temáticas: novela histórica ambientada na revolución francesa, na posguerra civil española, na segunda guerra mundial ou no século XIX galego na revolución do 48; novela fantástica e de terror, novela sobre os dereitos fundamentais...

Creo que todas as historias son entretidas e, asemade, comprometidas. A miña intención é que as lecturas vos obriguen a reflexionar, ademais de divertirvos.

Podedes preguntarme a min polo argumento ou buscar en internet, na biblioteca...
Os títulos son:Poderosa de Sérgio Klein, Quen matou a Inmaculada Silva de Marina Mayoral, Os once de Pierre Michon, O profesor de Vegliota de Manuel Veiga, Unha historia que non vou contar de Cid Cabido, O neno do pixama a raias de Jhon Boine, Morning Star de Xosé Miranda, Nassima (á sombra dos talibán) de Mercé Rivas, Cartas de inverno de Agustín Fdez. Paz e Morgún de Suso de Toro.

viernes, 5 de febrero de 2010

1º BAC



Tedes exame esta semana: VERBO regulares e irregulares; conxugación e análise morfolóxica. Podedes consultar a información na columna lateral do blog.

2º BAC


Lembrade que tedes o exame esta semana. Sociolingüística: as seis cuestións formuladas pola CIUG, deberedes responder a dúas. Literatura: deberedes responder a unha das catro primeiras cuestións formuladas pola CIUG. Podedes consultar esta información na columna lateral do blog.

Manuel Antonio


Aquí tedes un artigo sobre Manuel Antonio que merece a pena ler.

sábado, 30 de enero de 2010

J.D. Salinger


Lede aquí o obituario que publica o xornal El País sobre un dos autores máis fascinantes da literatura do século XX. Podedes ler a súa biografía na entrada da wikipedia.

Real Academia Galega


Aquí vos deixo unha entrevista ao presidente da Real Academia Galega; creo que permite non só coñecelo a el un pouco máis senón tamén coñecer o traballo que desenvolve esta institución. Aquí tedes, tamén, un artigo aparecido no mesmo xornal, El País, con pequeno apuntamentos biográficos.

domingo, 24 de enero de 2010

1º BAC


O venres 5 de febreiro é a data de entrega do traballo cuxo tema é: A literatura e a sociedade medieval. O formato do traballo podedes elixilo vós, debedes explicar por que escolledes un ou outro (video, presentación, texto...) e xustificalo diante do profesor e dos compañeiros e compañeiras, o contido vén marcado polo título e os contidos e lecturas traballados na aula.

Real Academia Galega


O sábado 23 de xaneiro Xose Luís Méndez Ferrín foi elixido presidente da Real Academia Galega, aquí podes consultar a súa biografía.

miércoles, 20 de enero de 2010

2º BAC.


O luns 18 de xaneiro debedes facer as cinco primeiras cuestións da opción B do modelo de selectividade 2010; poñerémolas en común na aula.

lunes, 11 de enero de 2010

2º BAC

O luns 18 de xaneiro debedes ter feitas as cuestións 1, 2, 3 e 5 do modelo A de selectividade 2010 que tedes na columna lateral do blog.

domingo, 10 de enero de 2010

1º BAC; intercambio Dinamarca

Aquí tedes o informe que debedes cubrir para enviarlles aos vosos anfitrións daneses.