raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

viernes, 26 de febrero de 2010

O galego en internet. Vaste sorprender

Dedícalle cinco minutos a este artigo, reflexionarás seguro.

sábado, 20 de febrero de 2010

Día Internacional da lingua materna


Hoxe 21 de febreiro é o Día internacional da lingua materna, data promovida dende a ONU; podedes consultar toda a información aquí.

1º BAC

Déixovos na columna lateral os apuntamentos de morfoloxía verbal que comentamos o xoves e o venres na aula.

2º BAC.


O venres comentamos na clase o traballo que debedes facer a semana que vén na clase; rematarédelo na casa. Lémbrovos que tedes que traballar a partir das fontes facilitadas: o libro de texto, a galipedia, internet e calquera outra que estimedes vos pode servir de axuda.

O traballo divídese en tres períodos:
Período a: lectura de información e elaboración de borrador nas horas de clase da semana que vén, debedes aproveitar para facerme as consultas que consideredes oportunas.
Período b: elaboración definitiva do traballo, a facer fóra do horario lectivo.
Período c: exposición oral ante o profesor e os compañeiros e compañeiras.

A estrutura do mesmo é a seguinte:
a) Elaboración un procesador de textos do tema, a extensión aproximada e de tres ou catro páxinas, aínda que isto depende da presentación do mesmo.
b) Selección de lecturas ou textos arredor do tema.
c) Elaboración nun programa de presentación de diapositivas do esquema do tema, a extensión é unha diapositiva (como moito dúas)
d) Exposición oral.

A data de entrega é o 8 de marzo luns.
A data da exposición comunicaréivola con antelación suficiente.

martes, 16 de febrero de 2010

Lecturas 1º BAC.











Déixovos as portadas das lecturas que vos propoño de cara a fin de curso. Debedes ler dúas obras das oito que vos indico. Se ledes algunha máis tereino presente á hora de avaliar. A primeira lectura debe estar rematada antes do 15 de abril e a segunda antes 31 de maio. Facilitareivos o traballo a facer nos vindeiros días.

As lecturas son variadas e recollen diferentes temáticas: novela histórica ambientada na revolución francesa, na posguerra civil española, na segunda guerra mundial ou no século XIX galego na revolución do 48; novela fantástica e de terror, novela sobre os dereitos fundamentais...

Creo que todas as historias son entretidas e, asemade, comprometidas. A miña intención é que as lecturas vos obriguen a reflexionar, ademais de divertirvos.

Podedes preguntarme a min polo argumento ou buscar en internet, na biblioteca...
Os títulos son:Poderosa de Sérgio Klein, Quen matou a Inmaculada Silva de Marina Mayoral, Os once de Pierre Michon, O profesor de Vegliota de Manuel Veiga, Unha historia que non vou contar de Cid Cabido, O neno do pixama a raias de Jhon Boine, Morning Star de Xosé Miranda, Nassima (á sombra dos talibán) de Mercé Rivas, Cartas de inverno de Agustín Fdez. Paz e Morgún de Suso de Toro.

viernes, 5 de febrero de 2010

1º BAC



Tedes exame esta semana: VERBO regulares e irregulares; conxugación e análise morfolóxica. Podedes consultar a información na columna lateral do blog.

2º BAC


Lembrade que tedes o exame esta semana. Sociolingüística: as seis cuestións formuladas pola CIUG, deberedes responder a dúas. Literatura: deberedes responder a unha das catro primeiras cuestións formuladas pola CIUG. Podedes consultar esta información na columna lateral do blog.

Manuel Antonio


Aquí tedes un artigo sobre Manuel Antonio que merece a pena ler.