raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

lunes, 19 de mayo de 2014

domingo, 18 de mayo de 2014

1º BAC

O mércores 18 de xuño é a data do voso exame final. Entrarán todos os temas traballados  de morfoloxía: substantivo, verbo, pronomes... O tipo de pregunta corresponderase coas realizadas en exames anteriores e cos exercicios realizados na aula, con respecto ao verbo tal e como o traballamos durante o ano. 

O martes 17 de xuño debedes entregar tres esquemas/mapas conceptuais diferentes de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez. As condicións son as seguintes: debe estar elaborado nun programa de presentación, unha única diapositiva e debe conter a información máis relevante da vida e obra da autora e dos autores. Debe estar no meu correo o martes 17 pola noite.

Aqueles que non teñades enviado o traballo o martes17 pola noites teredes exame de literatura o día 18, a continuación do exame de morfoloxía.

 Ata estes días traballaremos poesía como fixemos ata agora.



2º BAC

O vindeiro mércores 21 de maio tendes o exame final. A estrutura é a seguinte: catro puntos corresponderán ao comentario e ás cuestións de comprensión sobre o texto e os outros seis para o resto da materia: 3 de literatura (dúas cuestións), 1 de sociolingüística ( 1 cuestión) e 2 de sintaxe e  morfoloxía (2 cuestións). Para considerar aprobado o exame debedes ter un mínimo de tres puntos na segunda parte do exame.