raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

lunes, 21 de noviembre de 2011

2º BAC.Lectura. Actualizado.


O novo libro de lectura é: O lapis do carpinteiro de Manuel Rivas. Debemos ter rematada a lectura do libro o luns 16 de xaneiro. A partir desta lectura realizaremos a proba de comentario da primeira parte do trimestre. Debedes ter realizados os exerciciso 1 a 5 dos exames de selectividade de 2003(xuño e setembro) e dos modelos que xa vos facilitei, estes exercicios deben estar realizados o luns 9 de xaneiro.

Déixovos un video cunha das escenas da película.

1º BAC. Lectura.


A seguinte lectura é o clásico Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. debedes ter realizada a lectura o venres 13 de xaneiro.

Déixovos un vídeo no que o autor fala da súa obra.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

2º BAC


Déixovos o tema: O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós. Podedes descargalo aquí. Lembrade que tedes un esquema noutra entrada deste blog.

martes, 15 de noviembre de 2011

1º BAC. Poetízate.


Déixovos aquí o traballo individual a realizar co libro de poesía. Na aula acordaremos a data.
O traballo de poesía que estades a facer en grupo ten outra data, comentámolo na clase.
O traballo individual debe ser enviado por correo como moi tarde, o domingo 11 de decembro e se optas por entregalo en papel o luns 12. O traballo de grupo rematará o venres 16 de decembro.

lunes, 3 de octubre de 2011

2º BAC. Literatura do primeiro terzo do século XX.

Déixovos uns esquemas feitos polos vosos compañeiros e compañeiras que vos permitirán elaborar os primeiros temas de literatura.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Lectura 2º BAC

Déixovos a ligazón a unha entrada deste mesmo blog no que atoparedes os enlaces aos textos que debedes ter lidos o luns 7 de novembro.

Lectura 1º BAC

Déixovos un acceso a unha entrada do meu blog que contén a información sobre o libro de lectura: A praia dos afogados de Domingo Villar. Debe estar lido o mércores 2 de novembro. Faredes unha proba de lectura ese día.

Lectura 1º BAC

Déixovos unha reseña do libro de poesía que nos permitirá xogar e crear POESÍA, verédelo e gozarédelo. Lembrade que debedes ter o libro o antes posible, comezaremos a traballar con el os venres a partir do 23 de setembro. .
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate ?que consta do propio corpus poético, un limiar e unha visita guiada a xeito de epílogo? é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de Poetízate percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores

viernes, 20 de mayo de 2011

1º BAC


Estades divididos en grupos para elaborar o traballo de literatura, coñecedes o autor ou autora sobre o que debedes profundar. O resultado debe ser un vídeo de ao redor 15 minutos de duración que recolla a información máis salientable do persoeiro traballado. A data de entrega e de reprodución do vídeo é o 13 de xuño; dedicaredes as clases do mércores (1º A) e venres (1º B) ao traballo na aula de informática, debedes aproveitar para realizar calquera consulta ademais de requerir a miña axuda na elaboración do guión previo.

lunes, 2 de mayo de 2011

domingo, 3 de abril de 2011

2º BAC: Cuestións 6, 7, 8 e 9.


Déixovos os resumos e os esquemas dos textos 6, 7, 8 e 9. Lembrade que non son para estudar senón para que elaboredes os vosos propios apuntamentos.

martes, 22 de marzo de 2011

1º BAC. A praia dos afogados.

Este é o título da nova lectura. Déixovos unha referencia de prensa e unha biografía do autor.

A lectura debe estar realizada o 2 de maio.



Séculos Escuros

Check out this SlideShare Presentation:

Literatura Seculos Escuros

Check out this SlideShare Presentation:

miércoles, 2 de marzo de 2011

tema3_09

Check out this SlideShare Presentation:

tema2_09

Check out this SlideShare Presentation:

martes, 1 de marzo de 2011

Tema1

Check out this SlideShare Presentation:

domingo, 13 de febrero de 2011

2º BAC: argumentación e comentario crítico.


Déixovos unha presentación que veremos na clase. aborda a elaboración dun comentario crítico. Podedes vela aquí.

miércoles, 9 de febrero de 2011

1º BAC


Estades escribindo poesía, déixovos a presentación que estamos a ver na clase (foi elaborada pola profesora Elvira Tobio e descargada da páxina da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Concretamos na clase o traballo a desenvolver.

viernes, 28 de enero de 2011

2º BAC


Déixovos os esquemas e os resumos dos tres primeiros temas de sociolingüística. Lembrade que non deberiades usalos para estudar. Debedes seguir o proceso: a) posta en común na aula, b) lectura do libro de texto e do resumo xunto co esquema e c) ao mesmo tempo redactar o propio material de estudo.

lunes, 24 de enero de 2011

Radiografía do Idioma

Check out this SlideShare Presentation:

jueves, 20 de enero de 2011

Unha Realidade PlurilingüE

Check out this SlideShare Presentation:

domingo, 16 de enero de 2011

A poesía entre o 36 e o 76.


Déixovos aquí en PDF tres esquemas que poden completar o tema que xa tedes elaborado. Neste mesmo blog, tedes unha entrada cunha presentación moi ampla que vos pode axudar a completar o traballo.

viernes, 14 de enero de 2011

Os PrexuíZos LingüíSticos

Check out this SlideShare Presentation:

Galego de Incógnito

Check out this SlideShare Presentation: