raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

domingo, 28 de abril de 2013

Real Academia Galega

Déixovos o enlace á entrevista ao novo presidente da RAG: Xesús Alonso Montero.

miércoles, 10 de abril de 2013

2º BAC, preselectividade.



















O mércores 17 de abril ás 12.45 tedes o exame de preselectividade. A estrutura será similar as probas oficiais. Resumo:

Cuestións 1, 2 e 3 referidas á comprensión dun texto. Incluirán algunha destas cuestións ou varias: resumo, título, definición de léxico, interpretación dalgún aspecto do texto... e o comentario crítico; en total 5 puntos.

Cuestións 4 e 5: fonética, morfoloxía, sintaxe... similares ás recollidas nos diferentes exames traballados durante o curso; en total 2 puntos.

Presentaranse dous textos A e B dos que se escollerá un. Aquí os modelos.

Cuestión 6: sociolingüística. Unha única cuestión  a escoller entre dúas; en total 1 punto.

Cuestión 7: literatura. unha única cuestión a escoller entre dúas; en total 2 puntos.

As cuestións de sociolingüística e de literatura podedes consultalas aquí. De literatura entran no exame as cuestións: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 8 e 9. De sociolingüística entan as seis.

As recomendacións para elaborar a proba e a corrección da mesma son as que aparecen na páxina da CIUG.

1º BAC. Lectura.

Memorias dun neno labrego de Neira Vilas é a lectura deste terceiro trimestre. Debedes ter lido o libro o 6 de maio luns. Nos vindeiros días colgareivos máis información noutra entrada no blog.