raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

martes, 26 de octubre de 2010

1º BAC


O libro de lectura do primeiro trimestre é O segredo de Marco Polo de Francisco Castro, o martes 23 de novembro é a data na que a lectura debe estar realizada. Podedes acceder ao blog do autor ou a unha síntese da obra de lectura.

viernes, 22 de octubre de 2010

Lectura 2º BAC.


As lecturas do primeiro trimestre corresponden a autores do primeiro terzo do século XX, facilítovos os títulos e, tamén, enderezos electrónicos onde as podedes atopar mais non esquezades: podedes lelas en papel.

Vicente Risco: entrade aquí, ide a textos Vicente Risco e debedes ler os seguintes títulos: a velliña vella, a trabe de ouro e a trabe de alquitrán e o lobo da xente.

Otero Pedrayo: aquí tedes o relato de O fidalgo.

Castelao: na páxina do www.museocastelao.org entrades en textos e debedes ler a antoloxía recollida e, ademais, debedes mirar o Albúm Nós.

Faremos unha proba sobre a lectura o mércores 24 de novembro; as cuestións estarán relacionadas coa comprensión, interpretación e estrutura dos diferentes textos.

1º BAC. As lendas.


Estamos a traballar o texto descritivo, narrativo e dialogado. Despois de facer as lecturas do libro de texto, a vosa lenda debe estar rematada na primeira clase da semana que vén, lerémolas e comentarémolas.

martes, 12 de octubre de 2010

1º BAC: texto expositivo.


O domingo 17 de outubro debedes terme enviado ao correo o texto expositivo sobre a literatura popular.

Elaborádeo en Word ou Open, o tipo de letra debe ser comic sans ou times new roman 12, a extensión máxima dúas páxinas dixitais ou un folio e non o valoro a partir de cinco faltas de ortografía.

Usade se o necesitades as diversas páxinas que aparecen na sección ferramentas deste blog.

lunes, 11 de octubre de 2010

2º BAC: Temas literatura.


O día 22 de outubro deben estar elaborados os temas de literatura que vos corresponden a cada un de vós. Deben ser enviados a raul@centrogalen.com. Deben conter un esquema inicial e o desenvolvemento do tema.

A presentación farase en power point e word ou nos programas de office. O formato será: a) tipo de letra comic sans ou times new roman 12, xustificado, interlineado normal b) exclusivamente formato dixital.

Aqueles traballos que acumulen cinco faltas de ortografá ou máis non serán corrixidos nin valorados.

Seguiremos as pautas que nos marca como criterio de corrección a CIUG:

Valorarase a adecuada inclusión dos seguintes elementos sobre o tema escollido:
a) Información acerca do contexto (acontecementos históricos, grupos, influencias, iniciativas, tendencias, etc.)
b) Información acerca dos principais autores dun período ou corrente. Esta información non só debe facer referencia ás principais obras senón tamén aos trazos que caracterizan cada un dos autores.
c) Información acerca do que un grupo, autor ou época supuxeron na historia da literatura galega.
Non se considerarán correctas respostas que consistan nunha mera listaxe de autores e obras. A pesar de tratarse de preguntas pechadas preestablecidas, espérase que o/a alumno/a constrúa o seu propio texto de maneira personalizada. Penalizaranse as respostas que evidencien unha pura reprodución memorística de textos non persoais.

jueves, 7 de octubre de 2010

Calendario exames

Déixovos o enlace ao calendario de exames que está na páxina do centro.

sábado, 2 de octubre de 2010

2º BAC


Na entrada do voso curso engadín os seguintes documentos ao que xa había:

- Cuestións selectividade: a relación entre as posibles cuestións da CIUG e os temas do libro de texto.

- Os criterios de correción aos modelos do anos 2010.

- Novos modelos de exame do anos 2010.

Non esquezades que na páxina da CIUG, tedes a entrada no blog, podedes atopar modelos de exames de todas as materias.

1º BAC

Algúns xa me estades enviando ao correo os esquemas do tema; lémbrovos que debo telos o luns.

A todos e todas

Volvemos ao traballo, sinto non ter comezado antes pero aquí estamos de novo. Agardo que teñades un bo curso, iso si gozade do San Froilán, o tempo chega para todo.