raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

jueves, 26 de marzo de 2015

Estrutura proba preselectividade





O exame divídese en catro partes:

a) Comprensión do texto:
- Unha cuestión de resposta curta referida ao contido ou á interpretación do texto. Seguindo o modelo das recollidas nos exames que vos facilitei durante o curso. (1 punto)
- Un comentario ao redor dun tema relacionado co texto. A extensión aproximada serán 200/250 palabras. (2 puntos) Nesta cuestión poderase baixar ata 0'70 por faltas de ortografía.

b) Tres cuestión dun punto ao redor dos seguintes temas: morfoloxía (substantivo, verbos....), a estrutura da palabra (páxina 84 e seguintes) e o léxico galego (páxinas 104 e seguintes). (1 punto cada pregunta)



c) Literatura: unha cuestión a escoller entre dúas das nove primeiras tal e como se enuncian no temario da CIUG:  (2,5 puntos)

1.- A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
2.- A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
3.- A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
4.- O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.
5.- A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36,a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
6.- A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
7.- A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.
8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
9.- A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.


d) Sociolingüística: unha cuestión a escoller entre dúas das seis tal e como se enuncian no temario da CIUG:  (1,5 puntos)

 1.- As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
3.- Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
4.- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
5.- O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
6.- O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.





Lectura 1º BAC

A lectura deste trimestre é o clásico galego de Eduardo Blanco-Amor:




Debedes telo á volta de Semana Santa.

miércoles, 4 de marzo de 2015

2º BAC Selectividade

Déixovos a circular informativa sobre o exame de selectividade 2015 referida á materia de Lingua galega e literatura. Aquí.