raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

miércoles, 23 de diciembre de 2015

viernes, 18 de diciembre de 2015


sábado, 12 de diciembre de 2015

2º BAC, lectura segundo trimestre

A obra que debedes ler é a seguinte:

 Realizaremos unha proba escrita da mesma aínda que nos días previos comentaremos o contexto histórico en que foi publicada e, ademais, profundaremos na obra de Ánxel Fole. A data da proba é o 18 de xaneiro.

Lecturas 1º Bac, segundo trimestre.

Debedes ler a seguinte obra narrativa para o venres 29 de xaneiro


ese día fareivos unha pregunta escrita na clase, unha reflexión sobre o libro. 
Tedes ademais que entregarme un novo final do libro, trátase de reescribir o remate da historia, non tedes unha extensión definida. A orixinalidade e a elaboración é fundamental para a valoración que eu faga do texto, inserídea no relato, na parte final, onde vós decidades.

Ademais, traballaremos na aula durante o segundo trimestre o seguinte libro de poesía:


Comezaremos a traballar con el o  11 de xaneiro. Habémolo pasar ben gozando da poesía e descubrindo novos poetas entre vós.

lunes, 23 de noviembre de 2015

A prosa do primeiro terzo do século XX

Déixovos o enlace que para que descarguedes o esquema do tema, lembra todo o comentado na clase cando redactes o teu propio tema. Aquí.




lunes, 16 de noviembre de 2015

Exame



11-        En Un ollo de vidro, Castelao vai contándonos diferentes feitos que o esqueleto presencia. Enuméraos e coméntaos.
22-     Que mensaxe nos quere lanzar Risco co relato da Velliña vella.
33 -   Cantas historias se contan en O lobo da xente. Explícaas brevemente.
44 -     Otero Pedrayo explica a decadencia da fidalguía e o nacemento da nova burguesía vilega en O fidalgo. Explica como se presenta esta idea.

Non debes ser minucioso contando o  argumento dos relatos senón que debes construir textos argumentativos.

viernes, 13 de noviembre de 2015

Comentarios de texto, 2º BAC

Nesta entrada deixareivos diferentes textos de selectividade de anos anteriores. Debedes facer as cuestións de comentario e entregarmos na data indicada:

Documento  a descargar 2001

Comentario a entregar o 20 de novembro, xoves: xuño de 2001, opción 1.

Comentario a entregar o 27 de novembro, xoves; setembro de 2001, opción 2

Documento a descargar 2002

Comentario a entregar o 3 de decembro, xoves: xuño 2002, opción 1.

Comentario a entregar o 10 de decembro, xoves: xuño 2002, opción 2.

Comentario a entregar o 17 de decembro, xoves: setembro 2002, opción 1.

Comentario a entregar o 7 de xaneiro, xoves: setembro  2002, opción 2.


Documento a descargar  2003, propóñovos estes textos para entregar en calquera data.

Documento a descargar 2004,  Lembra que as cuestións do bloque 1 son as que debes facer.

Comentario a entregar o 14 de xaneiro , xoves: xuño 2004, opción 1.

Comentario a entregar o 21 de xaneiro, xoves: xuño 2004, opción 2.

Comentario a entregar o 28 de xaneiro , xoves: setembro 2004, opción 1.

Comentario a entregar o 4 de febreiro, xoves: setembro  2004, opción 2

miércoles, 11 de noviembre de 2015

As cantigas profanas medievais.

Déixovos dous vídeos moi interesantes que complementan o traballado na aula:

                               



                                

                               

martes, 27 de octubre de 2015

Cuestións exame 2º BAC.

Déixovos a lista de cuestións de sociolingüística e literatura tal e como as enuncia a CIUG:



I.              SOCIOLINGÜÍSTICA
1 As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
2. Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
3. Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua en vías de normalización.
4. O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
5. O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
6. O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística

                     II. LITERATURA
1. A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
2. A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
3. A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
4. O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.
5. A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
6. A prosa entre 1936 e 1976: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
7. A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.
8. O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
9. A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.
10. A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.
11. A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.
12. O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.


Esquemas tema 2, 1º BAC.

Aquí: Unidade e variedade da lingua.


Aquí: Literatura popular.

martes, 20 de octubre de 2015

jueves, 15 de octubre de 2015

viernes, 18 de septiembre de 2015

miércoles, 16 de septiembre de 2015

2º BAC. Contexto histórico,







Déixovos o enlace á presentación: aquí.

lunes, 14 de septiembre de 2015

2º BAC. A argumentación

Déixovos información sobre a argumentación e podedes descargalas aquí: