raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

domingo, 23 de diciembre de 2012

sábado, 24 de noviembre de 2012

2º BAC. A prosa do primeiro terzo do século XX.

Déixovos en PDF a presentación que estamos seguindo na clase ao redor da prosa do primeiro terzo do séxulo XX.
Lembrade que debedes elaborar o voso propio material a partir do libro de texto, esta presentación e a posta en común que estamos a facer na clase das diferentes lecturas que vos encomendei noutra entrada deste blog.

viernes, 23 de noviembre de 2012

1º BAC

Déixovos en PDF un documento que comentaresmos na clase e que completa a información que aparece no libro de texto.

lunes, 19 de noviembre de 2012

1º BAC

Déixovos dous poemas para ler e comentar na clase:

A)



Quer'eu en maneira de proençal
fazer agora un cantar d'amor,
e querrei muit'i loar mia senhor
a que prez nen fremosura non fal,
nen bondade; e máis vos direi én:
tanto a fez Deus comprida de ben
que máis que todas-las do mundo val.

Ca mia senhor quizo Deus fazer tal,
quando a fez, que a fez sabedor
de todo ben e de mui gran valor,
e con tod'esto é mui comunal
alí u deve; er deu-lhi bon sén,
e des i non lhi fez pouco de ben
quando non quis que lh'outra foss'igual.

Ca en mia senhor nunca Deus pos mal,
mais pos i prez e beldad'e loor
e falar mui ben, e riir melhor
que outra molher; des i é leal
muit', e por esto non sei hoj'eu quen
possa compridamente no seu ben
falar, ca non ha, tra-lo seu ben, al.

B)

Proençaes soen mui ben trobar
e dizen eles que é con amor,
mais os que troban no tempo da flor
e non en outro sei eu ben que non
han tan gran coita no seu coraçón
qual m'eu por mia senhor vejo levar.

Pero que troban e saben loar
sas senhores o máis e o melhor
que eles poden, sõo sabedor
que os que troban, quand'a frol sazón
ha, e non ante, se Deus mi perdón,
non han tal coita qual eu hei sen par.

Ca os que troban e que s'alegrar
van eno tempo que ten a color
a frol consigu'e, tanto que se for
aquel tempo, logu'en trobar razón
non han, non viven en qual perdiçón
hoj'eu vivo, que pois m'ha de matar.


sábado, 17 de noviembre de 2012

2º BAC, lecturas primeiro terzo século XX.



Debedes ler os textos que vos indico na entrada á que podedes acceder dende o seguinte enlace:

LECTURAS

Comentareivos nos vindeiros días as datas nas que debedes ter feitas estas leturas.

sábado, 13 de octubre de 2012

Imos iniciar o estudo da fonética e da fonoloxía da nosa lingua. No libro de texto, a información aparece nos temas 1  e 2 no apartado de Coñecemento da lingua pero tedes, tamén, na columna esqueda deste blog uns apuntamentos que resumen e facilitan o estudo Fonoloxía, ou iso agardo.

jueves, 4 de octubre de 2012

2º BAC


O lapis do carpinteiro é a lectura deste primeiro trimestre, os que xa o lestes podedes escoller Os comedores de patacas. As lecturas deben estar realizadas o 29 de outubro.

martes, 18 de septiembre de 2012

Lectura 1º BAC

Este é a lectura coa que iniciamos o trimestre. O vindeiro luns 23 de setembro indicareivos o traballo a facer e as actiividades a desenvolver.

É unha noveliña de Susan E. Hinton publicada no ano 1967 pero con total vixencia. Agardo que vos guste.

viernes, 22 de junio de 2012

Letras Galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño é o autor homenaxeado no día das Letras Galegas do vindeiro ano, 2013. Podedes consultar aquí a súa biografía.

jueves, 26 de abril de 2012

2º BAC. Modelos selectividade

Déixovos os exames dos anos 2006, 2007 e 2008. Teñen as solucións. Debedes prestar atención ás cuestións 3, 4 e 5. Lembrade que as cuestións de sociolingüística e literatura non corresponden coas formuladas na actual proba de lingua galega de selectividade.

miércoles, 25 de abril de 2012

Lendo a Celso Emilio

Déixovos un enlace aquí ao libro dixital de Celso Emilio que comentamos. Debedes ler e buscar o que vos poida interesar. Gravarémolo na clase e así participaremos no programa da SER do que aquí vos deixo noticia.

lunes, 2 de abril de 2012

2º BAC. Probas selectividade


O vindeiro 18 de abril teredes a proba de "preselectividade" no Centro. Déixovos dous documentos en PDF coas probas do ano 2010 e 2011.

Estes documentos recollen os oitos exames dos dous anos e os criterios de cualificación; revísaos pois nalgúns casos aparecen as solucións centrándote nas cinco primeiras preguntas de cada exame.

Nos esquezas que o día 10 de abril debes traer a clase todos os temas de literatura e sociolingüística.

Non vos enfadedes comigo pero gozade das vacacións o xusto, as vosas comezan o 9 dexuño e deben ser moi intensas coa satisfacción do traballo ben feito e a selectividade aprobada.

domingo, 4 de marzo de 2012

jueves, 1 de marzo de 2012

Linguas do mundo.




Déixovos un PDF con información sobre as linguas do mundo.

Ademais, outro que o complementa.


E na península.

martes, 14 de febrero de 2012

Teatro fins século XX.


Déixovos, aquí, o tema: O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis relevantes.

A narrativa de fins do século XX.

Déixovos, aquí, o esquema do tema: A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes.

A poesía de fins do século XX



Déixovos,aquí, o esquema do tema:A poesía de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Poetas e tendencias actuais máis relevantes.

lunes, 6 de febrero de 2012

Teatro, 1936-1976

Déixovos o esquema e o resumo do tema: O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

sábado, 4 de febrero de 2012

A literatura galega no exilio


Deixóvos o resumo e o esquema do tema: A literatura do exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro.

A Nova Narrativa Galega.


Déixovos o resumo do tema:A Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.

viernes, 27 de enero de 2012

2º BAC: temas literatura.


A prosa de 1936 a 1976 e a poeaía de 1936 a 1976.
Lembra que estes resumos non son o que debes estudar, debes elaborar o teu propio material; son un complemento aos esquemas, o libro de texto e todo o comentado na clase.

martes, 24 de enero de 2012

2º BAC. Esquemas literatura 1936 a 1976.



Déixovos os esquemas dos diferentes temas: a poesía, a prosa, a NNG, o teatro e a literatura no exilio.