raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

miércoles, 30 de septiembre de 2009

1º BAC



O Contador de estrelas de Santi Jaureguizar, editorial Alfaguara, é o primeiro libro de lectura do curso. A lectura debe estar realizada o 2 de novembro. Facilitareivos a guía de lectura e o traballo a facer na aula pero por riba de todo debebes tentar GOZAR coa lectura.

Actividades. Ficha de lectura.Actividades

Actividade 1
ANALIZA A CUBERTA
Escribe que che suxire a portada do libro, fai isto antes de comezar a lectura.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA FACER DURANTE A LECTURA
Actividade 2
ATOPA OS TERMOS
Mentres fas a lectura do libro busca os termos relacionados coa astroloxía.

Actividade 3
ONDE ESTÁN?
Debedes sinalar os lugares xeográficos en que se desenvolve a trama da obra e tamén incluír aqueles nomes de lugares citados polos personaxes. Debedes facer dúas listas: unha para os topónimos que se encontren na provincia de Lugo e outra cos que se localicen fóra dela; indicádeos todos nos mapas adxuntos.

Actividade 4
E TI QUE PENSAS…?
Reflexiona por escrito sobre o desenlace da obra.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA DESPOIS DA LECTURA
Actividade 5
CREA UN NOVO TÍTULO
Propoñede outro título para a obra; explícao.

Actividade 6
FAI A TÚA VALORACIÓN
Facede un resumo da historia e engadide unha opinión persoal na que reflictades se vos gustou a obra en xeral, que aspectos vos pareceron máis interesantes, cales vos atraeron menos, se vos sentistes identificados, etc.
ACTIVIDADES PARA A ÁREA DE LINGUA GALEGA E LITERATURA
Actividade 7
TRABALLAMOS COAS REDES SOCIAIS
Antía comunicábase con Nito moitas veces a través do Tuenti; aquí pretendemos que traballades de forma conxunta e colaboradora creando un espazo para a clase.
Neste espazo poderedes facer diversas actividades:
– Facer comentarios sobre a obra e o que máis vos gustou.
– Colocar fotografías ou debuxos que vos recorden a obra explicando por que.
– Colgar fotografías referentes á actividade «Agora creas ti», na que deberedes explicar como o interpretastes ou o que queríades transmitir; ademais os compañeiros podedes facer comentarios sobre se vos gusta ou non a interpretación.






Actividade 8
A ARTE NA TÚA VIDA
Debedes elaborar unha ficha para cada unha das dúas obras pictóricas citadas na obra; debe incluír: autor, data, estilo, lugar onde se atopa outras obras destacadas e a vosa impresión diante desa obra.

Actividade 9
AGORA CREAS TI
Servíndovos dalgún programa de debuxo (paint…), recorrendo a fotografías ou calquera outra técnica que se vos ocorra elaborade un collage en soporte dixital ao arredor do contido da obra.

Actividade 10
DALLE A VOLTA
Elaborade un diálogo no que Enver lle conta toda a verdade a Antía: por que lle dixo que era extraterrestre, en que lle revela os seus motivos para xuntar a Rosa mais a Romar e por que a reuniu co seu pai. Remataredes cunha pequena narración en que expoñeredes en primeira persoa o que sentiu Antíd despois de manter esa conversa