raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

viernes, 23 de marzo de 2018

2º BAC. Pre-selectividade. ACTUALIZADO.






Proba pre-selectividade abril 2018 


Competencia comunicativa


a) Comprensión textual (preguntas 1 e 2) sobre algún aspecto de interpretación e análise do texto proposto, na liña das que a continuación se indican a modo de exemplo: ( 0,5 puntos cada unha).

- Resumo breve do texto ou dunha parte del.

- Estrutura do texto.

- Ideas principais e secundarias.

- Intencionalidade do texto

- Significado concreto no texto dalgunhas palabras, expresións ou fragmentos.

b) Produción textual (pregunta 3) ( 2 puntos)
Pediráselle ao alumnado que constrúa un texto persoal cunha extensión aproximada de 200 ou 250 palabras sobre un tema proposto, relacionado dalgún xeito co contido do exame. Nesta pregunta valorarase a capacidade para producir un texto que sexa informativo, coherente, ben estruturado e adecuado á situación comunicativa.





Lingua e gramática

Formularanse dúas preguntas breves(1 punto cada unha)sobre contidos de:
Morfoloxía e sintaxe

Semántica e lexicoloxía.



Lingua e sociedade

Formularanse dúas preguntas ( 2 puntos), das que o alumnado deberá responder só a unha. As posíbeis preguntas son:



- Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
- O galego, lingua en vías de normalización.
- O galego no primeiro terzo do século XX: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
- O galego de 1936 a 1978: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.
-  O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Literatura

Formularanse dúas preguntas ( 3 puntos), das se se deberá responder só unha. As posíbeis preguntas son:


-  A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas.
-  A poesía de vangarda. Características, autores e obras representativas.
-  A prosa do primeiro terzo do XX: as Irmandades e o Grupo Nós (narrativa, ensaio e xornalismo).
-  O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.
- A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
- A prosa entre 1936 e 1975: os renovadores da prosa (Fole, Blanco Amor,Cunqueiro e Neira Vilas).
- Nova Narrativa Galega. Características, autores e obras representativas.
-  O teatro galego entre 1936 e 1975: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.
- A literatura do exilio entre 1936 e 1975: poesía, prosa, teatro.



Podedes ampliar información sobre os diferentes aspectos das preguntas neste enlace:

Aquí





1 comentario:

Anónimo dijo...

grande ruliño