raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

martes, 18 de septiembre de 2012

Lectura 1º BAC

Este é a lectura coa que iniciamos o trimestre. O vindeiro luns 23 de setembro indicareivos o traballo a facer e as actiividades a desenvolver.

É unha noveliña de Susan E. Hinton publicada no ano 1967 pero con total vixencia. Agardo que vos guste.

viernes, 22 de junio de 2012

Letras Galegas 2013

Roberto Vidal Bolaño é o autor homenaxeado no día das Letras Galegas do vindeiro ano, 2013. Podedes consultar aquí a súa biografía.

jueves, 26 de abril de 2012

2º BAC. Modelos selectividade

Déixovos os exames dos anos 2006, 2007 e 2008. Teñen as solucións. Debedes prestar atención ás cuestións 3, 4 e 5. Lembrade que as cuestións de sociolingüística e literatura non corresponden coas formuladas na actual proba de lingua galega de selectividade.

miércoles, 25 de abril de 2012

Lendo a Celso Emilio

Déixovos un enlace aquí ao libro dixital de Celso Emilio que comentamos. Debedes ler e buscar o que vos poida interesar. Gravarémolo na clase e así participaremos no programa da SER do que aquí vos deixo noticia.

lunes, 2 de abril de 2012

2º BAC. Probas selectividade


O vindeiro 18 de abril teredes a proba de "preselectividade" no Centro. Déixovos dous documentos en PDF coas probas do ano 2010 e 2011.

Estes documentos recollen os oitos exames dos dous anos e os criterios de cualificación; revísaos pois nalgúns casos aparecen as solucións centrándote nas cinco primeiras preguntas de cada exame.

Nos esquezas que o día 10 de abril debes traer a clase todos os temas de literatura e sociolingüística.

Non vos enfadedes comigo pero gozade das vacacións o xusto, as vosas comezan o 9 dexuño e deben ser moi intensas coa satisfacción do traballo ben feito e a selectividade aprobada.

domingo, 4 de marzo de 2012

jueves, 1 de marzo de 2012

Linguas do mundo.




Déixovos un PDF con información sobre as linguas do mundo.

Ademais, outro que o complementa.


E na península.