raul@centrogalen.com

raul@centrogalen.com

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Lectura 2º BAC

Déixovos a ligazón a unha entrada deste mesmo blog no que atoparedes os enlaces aos textos que debedes ter lidos o luns 7 de novembro.

Lectura 1º BAC

Déixovos un acceso a unha entrada do meu blog que contén a información sobre o libro de lectura: A praia dos afogados de Domingo Villar. Debe estar lido o mércores 2 de novembro. Faredes unha proba de lectura ese día.

Lectura 1º BAC

Déixovos unha reseña do libro de poesía que nos permitirá xogar e crear POESÍA, verédelo e gozarédelo. Lembrade que debedes ter o libro o antes posible, comezaremos a traballar con el os venres a partir do 23 de setembro. .
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate ?que consta do propio corpus poético, un limiar e unha visita guiada a xeito de epílogo? é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de Poetízate percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores

viernes, 20 de mayo de 2011

1º BAC


Estades divididos en grupos para elaborar o traballo de literatura, coñecedes o autor ou autora sobre o que debedes profundar. O resultado debe ser un vídeo de ao redor 15 minutos de duración que recolla a información máis salientable do persoeiro traballado. A data de entrega e de reprodución do vídeo é o 13 de xuño; dedicaredes as clases do mércores (1º A) e venres (1º B) ao traballo na aula de informática, debedes aproveitar para realizar calquera consulta ademais de requerir a miña axuda na elaboración do guión previo.

lunes, 2 de mayo de 2011

domingo, 3 de abril de 2011

2º BAC: Cuestións 6, 7, 8 e 9.


Déixovos os resumos e os esquemas dos textos 6, 7, 8 e 9. Lembrade que non son para estudar senón para que elaboredes os vosos propios apuntamentos.

martes, 22 de marzo de 2011

1º BAC. A praia dos afogados.

Este é o título da nova lectura. Déixovos unha referencia de prensa e unha biografía do autor.

A lectura debe estar realizada o 2 de maio.