raul@centrogalen.com
raul@centrogalen.com
lunes, 3 de octubre de 2011
2º BAC. Literatura do primeiro terzo do século XX.
Déixovos uns esquemas feitos polos vosos compañeiros e compañeiras que vos permitirán elaborar os primeiros temas de literatura.
miércoles, 14 de septiembre de 2011
Lectura 2º BAC
Déixovos a ligazón a unha entrada deste mesmo blog no que atoparedes os enlaces aos textos que debedes ter lidos o luns 7 de novembro.
Lectura 1º BAC
Déixovos un acceso a unha entrada do meu blog que contén a información sobre o libro de lectura: A praia dos afogados de Domingo Villar. Debe estar lido o mércores 2 de novembro. Faredes unha proba de lectura ese día.
Lectura 1º BAC
Déixovos unha reseña do libro de poesía que nos permitirá xogar e crear POESÍA, verédelo e gozarédelo. Lembrade que debedes ter o libro o antes posible, comezaremos a traballar con el os venres a partir do 23 de setembro.
.
A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate ?que consta do propio corpus poético, un limiar e unha visita guiada a xeito de epílogo? é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de Poetízate percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores
viernes, 20 de mayo de 2011
1º BAC

Estades divididos en grupos para elaborar o traballo de literatura, coñecedes o autor ou autora sobre o que debedes profundar. O resultado debe ser un vídeo de ao redor 15 minutos de duración que recolla a información máis salientable do persoeiro traballado. A data de entrega e de reprodución do vídeo é o 13 de xuño; dedicaredes as clases do mércores (1º A) e venres (1º B) ao traballo na aula de informática, debedes aproveitar para realizar calquera consulta ademais de requerir a miña axuda na elaboración do guión previo.
lunes, 2 de mayo de 2011
domingo, 3 de abril de 2011
2º BAC: Cuestións 6, 7, 8 e 9.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



